Interesante vídeo sobre a transmisión de forza e velocidade nas caixas de cambios.
lunes, 28 de abril de 2008
miércoles, 23 de abril de 2008
EU,ROBOT

Un robot non debe mancar a un ser humano ou, pola súa inacción, deixar que un ser humano sufra dano.
Un robot debe obedecer as ordes que lle son dadas por un ser humano, excepto cando estas ordes se opoñen á primeira Lei.
Un robot debe protexer a súa propia existencia, ata onde esta protección non entra en conflicto coa primeira ou segunda Lei.
Manual de Robótica, 56ª edición, ano 2058.
Estas son as 3 Leis da Robótica que ían impresas nos cerebros positrónicos dos robots dos que nos fala Isaac Asimov no seu libro "Eu, robot". En principio todo tería que funcionar perfectamente nun mundo tecnificado no que as relacións entre humanos e androides xa son normais, sempre e cando se respetaran esas leis. Todo? Neste libro atoparás robots ós que se lles plantexa a dúbida metódica e deciden razoar por eles mesmos, robots que perden a capacidade de actuar debido a conflictos de conducta e , os peores de todos, robots que deciden que hai humanos prescindibles cando se trata de salvar á Humanidade...(sempre respectando as leis, por suposto).
Se queres pasar un bo rato metido na pel dun enxeñeiro da U.S. Robots, na dunha psicóloga de robots, ou mesmo nos circuitos neuronais dun androide de última xeración recoméndoche este excelente conxunto de relatos de Asimov.
jueves, 17 de abril de 2008
APUNTES DE ELECTRICIDADE
Aquí tedes unha moi boa presentación dos aspectos básicos de electricidade que estudaremos na unidade 5 "Electricidade e Magnetismo".
jueves, 10 de abril de 2008
FRECUENCIA DE RESONANCIA
Quere decir que se dou coa frecuencia de resonancia, eu mesmo,cun dedo, podería derrubar esa ponte...?
ALTO FORNO
miércoles, 9 de abril de 2008
SABÍAS QUE...?

A primeira vez que aparece o símbolo @ ,tan popular hoxe en día, é nunha carta enviada por un mercader italiano, de Sevilla a Roma no ano 1536. Na carta descrébese a chegada de tres barcos cargados con tesouros provenientes de América: «Así unha @ de viño, que é 1/13 dun barril, vale 70 ou 80 ducados...»
Tomado de wikipedia.
lunes, 7 de abril de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)