viernes, 30 de mayo de 2008

miércoles, 28 de mayo de 2008

EDUCAR EN VALORES

Decidir que é o xusto, recoñecer que os demáis son fins en si mesmos e non instrumentos para os nosos intereses non foi tarefa doada de conseguir no pasado e non parece que o vaia ser na sociedade robotizada do futuro.



martes, 27 de mayo de 2008

CARGAS SÍSMICAS

As cargas sísmicas son moi importantes a hora de facer os cálculos sobre os estados tensionais ós que está sometida unha estrutura. Ter en conta este tipo de cargas en zonas con risco de terremotos pode marcar a diferenza entre una construción segura e outra que non o é.


viernes, 23 de mayo de 2008

SALÓN DO AUTOMÓBIL MILAN (1495)

A finais do século XV , no obradoiro de Leonardo da Vinci, xa se deseñaban estes vehículos, tataravós da industria automobilística actual. Eso si, non traían GPS nin climatizador de serie.

BOMBILLA ELÉCTRICA


Parece que a tecnoloxía e a poesía son algo así como King-Kong e a loira da película.Velaquí un intento de achegamento nun poema de Pedro Salinas adicado á bombilla eléctrica.



BUJÍAS
Sí. Cuando quiera yo
la soltaré. Está presa
aquí arriba, invisible.
Yo la veo en su claro
castillo de cristal, y la vigilan
-cien mil lanzas- los rayos
-cien mil rayos- del sol. Pero de noche,
cerradas las ventanas
para que no la vean
-guiñadores espías- las estrellas,
la soltaré. (Apretar un botón.)
Caerá toda de arriba
a besarme, a envolverme
de bendición, de claro, de amor, pura.
En el cuarto ella y yo no más, amantes
eternos, ella mi iluminadora
musa dócil en contra
de secretos en masa de la noche,
-afuera-
descifraremos formas leves, signos,
perseguidos en mares de blancura
por mí, por ella, artificial princesa,
amada electrónica.

martes, 20 de mayo de 2008

CYBORESCARAVELLOS


Un dos proxectos que está a desenvolver a empresa DARPA, unha axencia de proxectos de investigación avanzada para a defensa, que traballa para o goberno dos EE.UU. consiste na creación dun coleóptero cun microcontrolador implantado no seu abdome de xeito que o seu voo poida ser dirixido polo fabricante para realizar tarefas de espionaxe.

Se queres máis información(en inglés) tes aquí esta ligazón


Existen outras aplicacións dirixidas a fins menos belicosos pois hai xa tres anos, enxeñeiros xaponeses da Universidade de Tokio obtiveron a partir de Periplaneta americana, una robusta cucaracha, un híbrido de coleóptero e robot capaz de ser dirixido na busca de vítimas soterradas baixo os cascallos en caso de terremoto.


Aquí tedes un paseo dun hexápodo un pouco menos evolucionado


viernes, 9 de mayo de 2008

NEXUS 6



Unha das perlas deste libro de Philip K. Dick é esa pregunta que se formula na portada: "Soñan os androides con ovellas eléctricas?".Como podes imaxinar, non estamos falando de máquinas que funcionan con tarxetas perforadas, se non de robots que xa non saben se a súa identidade segue a ser puramente mecánica e que se fan preguntas sobre o seu devir.
Baseándose neste libro fixo Ridley Scott unha das películas mais coñecidas da historia do cine,"Blade Runner". Déixovos unha das escenas mais impactantes na que Roy Baty,un dos replicantes, xefe dos Nexus 6 rebeldes está a piques de...


miércoles, 7 de mayo de 2008

WEB 2.0

Aquí tedes unha nova presentación sobre algo do que estamos oíndo falar continuamente :a web 2.0.É un concepto que abre moitas posibilidades para a divulgación do coñecemento e o traballo colaborativo.